luns, 23 de xaneiro de 2012

ELENA GALLEGO ESTE LUNS ESTIVO COS 1º da ESO



Noutra xornada dos ENCONTROS CON AUTORES DA BIBLIOTECA DE SECUNDARIA, este luns 23 de xaneiro volveu ao San Narciso Elena Gallego, nesta ocasión para compartir cos alumnos/as de 1º da ESO a experiencia de lectura da primeira novela da triloxía de DRAGAL, a que leva por título "A herdanza do dragón". A autora desvelou antes os seus lectores os motivos que a levaran a escribir esta saga, razón que se deixa ver tanto no nome dun dos seus protagonistas, Hadrián, como na estrutura da mesma: capítulos curtos de lectura rápida e sinxela. Pero tamén explicou un dos seus obxectivos esenciais como é o de demostrar que partindo da nosa tradición e da nosa historia podemos escribir novelas fantásticas tan válidas coma outras sagas tipo Harry Potter coas que comparte temática, pero coas que tamén garda distancias como é o feito de que Elena evite conscientemente lugares comúns con novelas coñecidas e que sitúe aos seus personaxes no mundo actual, en pleno século XXI e acudindo a clase na ESO nunha vila galega, ao igual que fan os seus lectores.










Elena Gallego que veu publicada esta primeira entrega grazas a un premio recibido no 2009, o Premio Caixa Galicia de Liteartura Xuvenil, editou en Xerais esta cando xa tiña escrita a segunda. Tras do éxito da primeira entrega que xa anuncia a súa cuarta edición, tamén parece inminente a aparición da terceira que completaráa triloxía, ocasión na que a autora, segundo nos confesou, bvai tomar un espiro posiblemente para escribir sobre outros temas e repensar se esta xa famosa triloxía terá continuidade.








Ao longo do Encontro un dos alumnos de 1ºda ESO B, sentado ao seu carón, realizau en directo un par de dragóns de papiroflexia cos que agasallou á autora. Ademais proxectouse unha montaxe cos debuxos tirados dos traballos que os alumnos/as realizaron tras da lectura de DRAGAL.












E como é costume a autora asinou os libros dos que quixeron ter un recordo deste encontro, do que Elena marchou prometendo unha nova visita ben para cando o CLUB DE LECTURA da Biblioteca dispuxese, ou ben para presentar a terceira entrega da saga do Dragal, antes de que remate o presente curso. Son xa moitos os alumnos e alumnas do San Narciso que pertencen á Fraternidade do Dragal, o último dragón galego vivo xa para sempre á hora de soñar.













Ningún comentario: